O Concello de Ourense celebra o Día Internacional das Mulleres (8M) cunha programación de actividades a celebrar ata o 7 de abril.
O salón de plenos acolleu o acto institucional da conmemoración coa lectura dun manifesto; acto no que non particupou o BNG por distanciamento ideolóxico e de xestión co goberno de Democracia Ourensana.
A edil Noa Rouco deu lectura ó manifesto reivindicativo da Fegamp despois de que edís de DO, PP e PSOE leeran un texto literario previo.
Entre os actos que restan por celebrar está este domingo a celebración da VI Edición da Carreira da Muller; unha Escape Room os días 13 e 14 nos colexios Concepción Arenal e Luis Vives, un obradoiro para mulleres “cultivando igualdade” o 20 de marzo ou o obradoiro mixto “Re pensamos: a construcción da narrativa propia” o 25 deste mes (entre outros).
O remate ás actividades conmemorativas será o 7 de abril coa entrega do XIX Premio Clara Campoamor á Igualdade de Oportunidades, ás oito da tarde, na Sala José Ángel Valente, á gaiteira Cristina Pato.