Un dos contratos é para o tramo Pedralba-Vilariño e o outro para o Vilariño-Taboadela nos que se farán actuacións en 19 túneles de sinalizacion de evacuación, alumeado de emerxencia, ventilación, radiocomunicación e instalación de equipos de detección e extinción de incendios.
Asemade Adif Alta Velocidade adxudicou o contrato de execución das instalacións da catenaria e sistemas asociados do tramo Pedralba-Taboadela-Ourense. Onte Adif tamén comezaba as probas do novo tramo do ave entre Zamora e Pedralba de 110 kilometros que este ano, unha vez que entre en funcionamento, acortará en 50 minutos a viaxe a Madrid.