Municipal

PP admite cambio de postura no Concello de Ourense por temer moción de censura na Deputación

O presidente provincial Luis Menor avalou a abstención do grupo municipal do PP

Paco Sarria

Ourense |

Luis Menor pon en valor o novo modelo de financiamento con 28 millóns de euros para os concellos
Luis Menor pon en valor o novo modelo de financiamento con 28 millóns de euros para os concellos | onda cero

O presidente do PP de Ourense, Luis Menor, admitíu que os edís do seu partido tiveron que “reaccionar” e “non quedarse quietos” apoiando ó grupo de goberno de Pérez Jácome, ó plantexarse a posibilidade dunha moción de censura que o desaloxaría da presidencia da Deputación.

Menor reuniuse co grupo municipal para expresarlles o seu agradecemento despois de que cambiaran de postura en relación cun pleno anterior e facilitaran coa sua abstención que o pleno aprobara 8 modificacións de creto que permitirán o gasto de 20 millóns de euros en diversas áreas.

Menor explicou que no PP adícanse a solucionar os problemas dos cidadáns, mentres outros adican o seu tempo a desartellar gobernos que funcionan como o seu.

Menor engadíu que facilitaron as aprobacións de hoxe por que son “útiles e bos” para a cidade de Ourense.