Cristina Rodríguez Veloso, de 29 anos, admitíu que matou e troceou ó seu amante en Cortegada por que despois dun tempo de relación este non quería abandona-la sua casa.
A acusada, xulgada dende onte na Audiencia Provincial de Ourense, coñecera ó home ó través de internet e recoñeceu tamén que planificou o crime.
Catro días despois de coñecer en persoa a José María Roldán Zapata, de 53 anos e veciño de Castell de Fells, comezou a pensar en como asasinalo.
Relatou que pelexaban por que pasaba moito tempo na consola de videoxogos e polo gasto na compra dunha cafeteira que non precisaban.
Finalmente administroulle pilulas e axfisiouno con unha almofada, queimou o corpo en varias fogueiras e despedazouno cunha pala ata obter centos de fragmentos, desperdigando logo os osos e enterrándoos nunha finca familiar en Rabiño.
A acusada sentíase identificada coa personaxe de Joker e segundo os psiquiatras forenses padece unha limitación moderada da sua vontade.
O xuicio quedará hoxe visto para unha sentencia que decidirá un xurado popular.