O alcalde destaca a “receptividade” do reitor da UNED ao proxecto do Centro de Intelixencia Artificial en Ourense
Gonzalo Jácome pon en valor a disposición de apoiar unha iniciativa que impulsa un Concello “cun compromiso firme"
O Reitorado da Universidade Nacional Española a Distancia amosou a súa disposición total a apoiar o proxecto do Centro de Intelixencia Artificial, que se concretaría coa sinatura dun convenio marco de colaboración co Concello de Ourense e coa Universidade de Vigo, entidade que xa amosara o seu apoio, rubricando deste xeito a súa aposta.
Así o puxo de manifesto ao remate da xuntanza que se desenvolveu esta mañá na sede central da UNED en Madrid, na que estiveron presentes o reitor, Ricardo Mairal, a vicerreitora de Investigacion Rosa María Martín Aranda, o vicerreitor adxunto da sección de Dixitalización intelixente de datos e recursos José Luis Aznarte, o director do Centro Asociado á UNED en Ourense, Jesús Manuel García, o director da Escola Superior Técnica de Enxeñería Informatica Rafael Martinez Tomás, o director do departamento de intelixencia artificial Mariano Rincón e o director do grupo de investigación de procesado de linguaxe natural Julio Gonzalo, xunto co alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome. Ademais de destacar “receptividade” amosada polos responsables da UNED, o rexedor puxo en valor este “espaldarazo” a un proxecto que impulsa por un concello, algo _dixo_ que “non deixa de sorprendelos”.
O acordo levará consigo que por parte da Universidade Española a Distancia se aporten científicos para a súa posta en marcha, ademais “do seu granito de area no eido económico”.