O Alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome e o tenente Alcalde Aníbal Pereira reuníronse cos voceiros dos grupos municipais para abordar a supresión da ORA e a posible chegada de novos inversores a Clube Ourense Baloncesto.
O rexidor municipal explicou a PP, PSdeG-PSOE e BNG que o goberno local de Democracia Ourensana valora proceder á supresión da Ordenanza Reguladora de Aparcamentos e emprazounos a que manifesten si estarían dispostos a aproba-la medida ó través dun acordo plenario.
Explicoulles que nos servizos xurídicos municipais existen duas posicións discrepantes en relación co procedemento a seguir que sería por un lado a cancelación do sistema por acordo do goberno municipal e por outro un acordo plenario que anule a ordenanza vixente.
Informaron tamén a oposición de que teñen constancia do interese por parte de inversores privados por formar parte do accionariado do COB, do que o concello posúe o 16% do accionariado.
Por unha parte estaría a posibilidade de que o concello venda as suas acción ó igual que a Deputación e por outra a posibilidade dunha apliación de capital.