O xulgado do social número 1 de Ourense considera probado o acoso do Alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, ó interventor municipal, Gonzalo Alonso, e declara nulo o seu cese.
Acolle así o xulgado a demanda interposta polo afectado de denunciaba acoso laboral, e comina ó rexidor ourensán a cesar “toda actitude de acoso” así como a repoñelo “inmediatamente” no seu posto de traballo e a abonarlle unha indemnización de 30 mil euros.
Na sentenza o maxistrado considera probado que, como consecuencia dun informe emitido polo actor en agosto do 2023, con reparos por importe cercano ós 25 millóns de euros, o Alcalde comezou unha campaña de desprestixio nos plenos, e en redes sociais que non tiña outra finalidade que xustificar diante da opinión pública o futuro cesamento do interventor.
Lembra o maxistrado que existe un informe do Ministerio de Facenda opoñéndose radicalmente ó cese e considera probado que Alonso foi sometido a un proceso de acoso coa finalidade de destituilo do seu cargo nunha acción que o Xuiz considera “desproporcionada” que buscaba dañar a integridade psíquica do traballador.