Provincia Ourense

Allariz acolle a terceira edición do Allariz Debuxando

Os días 25 e 26 de xaneiro, Allariz acollerá a terceira edición do Festival da Arte da Ilustración “Allariz Debuxado”, organizado pola editorial alaricana Aira en colaboración co Concello de Allariz

ondacero.es

Madrid |

Allariz Debuxando | Concello de Allariz

Ilustradores profesionais e tamén afeccionados reuniranse en Allariz para celebrar estas xornadas das que deron conta esta mañá o organizador César Lourenzo e o tenente de alcalde, Bernardo Varela.

Allariz Debuxado é, segundo explica o seu organizador, “un proxecto que axuda a fortalecer a imaxe de Allariz como vila de letras que mostra respecto polo patrimonio e a cultura”.

Esta iniciativa será desenvolvida conxuntamente pola editorial Aira, que traballa a prol do desenvolvemento cultural de Allariz, e as escolas de ilustración Antonio Faílde de Ourense e Pablo Picaso da Coruña. Nesta terceira edición prevén a participación de máis de cen alumnos e alumnas das escolas galegas e algunha de Asturias, que se achegarán ata Allariz para completar a súa formación, aprender novas técnicas e escoitar a ilustradores de recoñecido prestixio no sector como Javier Olivares, relevante ilustrador español; Miguel Angel Jiner e Cristina Durán, ilustradores e guionistas que presentarán, en Allariz, os seus dous grandes éxitos, “Tercer día” e “Una posibilidad”, dúas novelas gráficas que xiran ao redor da traxedia dio metro de Valencia e dun proceso de adopción internacional, respectivamente.

En paralelo celebrarase ademáis, no entorno do Allariz Debuxado, a Feira de Ilustración con máis de 20 expositores e a realización de 7 micropresentacións, como novidade desta edición e, segundo explica o organizador César Lourenzo “unha grande oportunidade para que os ilustradores presenten os seus produtos e deseños nun ambiente máis informal que o festival”.

Da clausura do festival encargaranse os editores de Kalandraka, unha editorial de máis de 20 anos de experiencia organizadora do Premio Compostela de Ilustración, e que ensinarán aos alumnos e alumnas como presentar os trabállaos ás editoriais. En relación a este premio a Galería circular acollerá durante a fin de semana unha exposición con traballos galardoados no Premio Compostela.

Para o Concello de Allariz, destacaba o tenente de alcalde, Bernardo Varela, “resulta interesante conxugar cultura e potencial e Allariz como espazo de referencia para este sector con empresas que apostan por localizarse na vila”.