Igualdade

Allariz acolle as XVI Xornadas para a Igualdade dende o 6 ata o 18 de marzo

O Concello de Allariz presentou, esta mañá no Fogar dos Maiores, a programación das décimo sextas Xornadas para a Igualdade que terán lugar durante o mes de marzo

Óscar Gómez

Ourense |

XVI Xornades para a Igualdade | onda cero

A concelleira de Benestar Social, Maribel Poisa, e a técnica de Igualdade, Ana Pérez, foron as encargadas da presentación,na que explicaron a programación e os obxectivos das mesmas que xirarán arredor vulnerabilidade nestas décimo sextas xornadas.

Baixo o eslogan “Non hai home nen muller tan brava que non amoleza ca xeada” a programación, que se desenvolverá en varios espazos da vila dende o 6 ao 18 de marzo, centrarase na celebración de charlas, obradoiros, faladoiros, teatro, cine, para homes e mulleres e unha nova sesión da mesa de coordinación contra as violencias.

As xornadas inauguraranse cun obradoiro para Doulas Sororas e outro para parellas impartidos por Almudena Herranz, sexóloga do Instituto de Sexoloxía Incisex. O día 8 o Concello súmase a folga de coidados e de consumo convocada polo movemento feminista. Ata o día 18 as actividades programadas serán múltiples rematando as xornadas cun faladoiro “Parrafada na tasca” moderado pola sexóloga e educadora familiar do Concello de Allariz Uxía Fernández.