O Concello de Allariz ven de pavimentar e axardinar a súa área de autocaravanas co obxectivo de mellorar un dos seus servicios para o turismo. As obras melloraron siñificativamente a zona habilitada optimizando a accesabilidade e fomentando o turismo responsable e respectuoso co medio ambiente.
Asemade, a inclusión de áreas verdes e a pavimentación con materiais sostibles promoven un turismo que favorece a integración no entorno natural reducindo o impacto ecolóxico.
A nova infraestructura está ubicada na zona do Ferradal, a carón do Festival Internacional de Xardíns, en pleno corazón da vila, facilitando así ós visitantes en autocaravana un acceso cómodo ó casco histórico.