Antonio Yáñez Casal resultou ganador do XX Premio Pura e Dora Vázquez de Narración coa súa obra Azul cobalto.
O xurado destaca que a obra gañadora vai dirixida a un público xuvenil, “sendo moi orixinal e cunha temática rompedora, doada de ler, cunha linguaxe e un estilo moi coidados”. Salienta ademais valores como o traballo en equipo, a perseveranza e a importancia da lectura para entender as cousas.
O autor ferrolán e que presentou a obra baixo o pseudónimo Maceteum, foi tamén ganador da XIV edición do Premio de Narración Pura e Dora Vázquez no ano 2016 coa obra Do meu nome e outras trapalladas..
Actívase agora o Premio Pura e Dora Vázquez de Ilustración, onde o artista galardoado acompañará cos seus traballos ao texto premiado na modalidade de narración.