Ánxeles Cuña denuncia no Parlamento a deficiente calidade dos menús do IES de Bande
En Marea esixe un modelo único de comedores escolares para todo o país 100% gratuito e con xestión directa da Xunta
A deputada de En Marea Ánxeles Cuña demostrou con imaxes a deficiente calidade de menús escolares que se están servindo nos centros educativos, a raíz da privatización do servizo a través de empresas de cátering. A parlamentaria achegou en concreto imaxes dos menús que se están ofrecendo ao alumnado no IES Aquis Querquernis de Bande (Ourense). Recipientes de plástico brando reutilizados, escasas cantidades que obrigan ás monitoras a ir buscar comida fóra do centro, comida fría... demostran que non se están a cumprir os estándares de calidade por parte da empresa.
“O modelo privatizador e externalizador do PP dá un negocio substancioso a moitos proveedores de cátering”, denunciou Cuña, que convidou a toda a Comisión de Educación e Cultura a achegarse ata o centro educativo para xantar e comprobar “in situ” como “están chegando alimentos semiconxelados ou quentados na propia furgoneta nunhas condicións moi cuestionable
"Dende En Marea, “defendemos a gratuidade total do ensino público, que para que sexa real debe incluír, tamén, a gratuidade dos mal chamados servizos complementarios”. Un modelo de comedor escolar 100% público, con persoal contratado pola Consellería, elaboración dos menús da man de profesionais da mesma Consellería e que conte en cada centro educativo cunha persoa responsable do servizo.
A proposta de En Marea foi apoiada polo PsdeG e o BNG, mentres que os sete deputados do PP na Comisión votaron en contra, polo que foi rexeitada.