Medio Ambiente

Anxeles Vazquez comprometese na humanización de San Cibrao

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda trasladou á rexedora municipal que o seu departamento artellará un instrumento para iniciar as obras este mesmo ano

Óscar Gómez

Ourense | (Publicado 18.02.2020 09:44 )

Anxeles Vazquez conselleira de Medio Ambiente | xunta de galicia

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, comprometéuse a poñer en marcha a colaboración necesaria para poder iniciar este mesmo ano a execución das obras da rúa do Campo e da contorna do parque de San Cibrao.

Así llo trasladou Vázquez Mejuto á alcaldesa, Ana María Villarino, con quen mantivo esta mañá unha reunión na que lle confirmou que o seu departamento definirá un instrumento para establecer esta colaboración que permita a execución deste proxecto de humanización do espazo público de San Cibrao, co fin de facilitar aos veciños un espazo de ocio e intercambio veciñal.

A conselleira indicoulle que a a Consellería de Medio Ambiente promove desde hai tempo diversas liñas de axuda dirixidas aos concellos, co fin de facilitar o desenvolvemento de intervencións urbanísticas orientadas a frear o despoboamento rural, potenciar as infraestruturas, os servizos e os equipamentos municipais e, en definitiva, mellorar o benestar e a calidade de vida nas vilas e cidades galegas, programas nos que este proxecto podería encaixar.

Asemade, indicoulle que o Instituto Galego de Vivenda e Solo seguirá colaborando e avanzando na tramitación do Plan especial de construción de vivendas neste municipio, para incrementar o parque de vivendas de uso social no concello