Ourense Cidade

Araújo entra en Ciudadanos

O ex voceiro do PP no Concello de Ourense, Pepe Araujo confirmou a sua fichaxe por Ciudadanos Ourense e sinalou que lle gustaría ser o candidato á alcaldía

ondacero.es

Ourense | 12.02.2019 14:06

Pepe Araujo
Pepe Araujo | Onda Cero

De momento Araujo sinalou que onte mesmo se deu de alta coma militante e que ten moita ilusión cun proxecto co que se identifica pola sua "moderación" e porque ve nel "unha nova forma de xestionar" lonxana á que provocou a sua saida da corporación actual. O ex edil popular asegura que foi Ciudadanos quen entablou negociacións con él e que accedeu "libremente e sen esixencias nen condicións" e negou ser parte dunha "estratexia" do PP para afortalar o o goberno de Ourense. Non ocultou Araujo que no caso de liderar o proxecto de Ciudadanos en Ourense lle gustaría estar rodeado de xente do seu entorno coma a ex edil popular Isabel Castelo anque deixou nas suas mans a decisión de sumarse ao proxecto. Para Araujo ten que haber un tempo novo en Ourense no que haxa "respeto" político no concello de Ourense.

Xunto a Araujo comparecía o secretario de Ciudadanos en Galicia, Laureano Bermejo que sinalaba que a finais de Febreiro ou principios de Marzo, unha vez que se designe os candidatos ás europeas, se valorarán as propostas para encabezar a candidatura de Ourense. Bermejo admitiu que Ciudadanos foi quen iniciou no seu momento as conversas con Araujo pero negou que o fixeran ca deputada popular do PP Montse Lama da que se especulou cunha posible entrada tamen en ciudadanos. O secretario de Ciudadanos en Galicia valorou positivamente que as enquisas lles outorguen dous representantes no Concello de Ourense tendo en conta que se realizaron sen ter ainda definido o candidato polo que percibe que están crecendo e que hai demanda desta nova opción política.

Ciudadanos traballa agora para presentar candidaturas nas principais vilas da provincia.