300 hectáreas de monte van ardidas nas últimas horas en dous lumes rexistrados no concello de A Gudiña que é un dos máis castigados este verán polas lapas.
Activo está o de Barxa con 90 hectáreas ardidas e un amplo desplegue que inclúen reforzos procedentes de Portugal.
E estabilizado está o de Pentes, onde van ardidas máis de 200 hectáreas e a evolución é favorable.
Asemade está activo na parroquia de Requeixo, no concello de Chandrexa de Queixa outro incendio que ata o de agora afecta a unha superficie estimada de 20 hectáreas.
Mentres o de Trez, no concello de Laza, onde arderon 68 hectáreas está xa extinguido.