Entrevista con Marisol Diaz, delegada territorial da Xunta de Galicia
A delegada territorial da Xunta en Ourense Marisol Díaz deu a coñecer en Onda Cero Ourense algunhas das inversións que se están a realizar en centros educativos, no hospital de Valdeorras así coma as melloras no plan de transporte escolar que posibilitarán a posta en marcha da xornada única en tres centros. Díaz tamén explicou os danos que as treboadas provocaron en zonas de cultivo e bens públicos.