MÁS DE UNO OURENSE

Ana Méndez (PP):"A situación de deterioro laboral no Concello de Ourense non debe seguir"

A voceira do PP no concello de Ourense repasou en Más de Uno Ourense os principais asuntos da actualidade municipal entre os que figura a terceira sentencia por presunto acoso de Jácome

Paco Sarria | Jesús Álvarez

Ourense |

A voceira municipal do PP no Concello de Ourense, Ana Méndez, dixo en Onda Cero que a situación de deterioro laboral "non debe seguir así" tra-la nova sentencia que condena ó Alcalde de Ourense por danos morais a unha funcionaria e por infrinxir a lei de prevención de riscos laborais. Méndez pedíu respeto ó Alcalde para os funcionarios pero non quixo entrar a valorar as declaracións da empregada pública, Stella González (candidata nas listas populares nas pasadas municipais) nas que pedíu ó seu partido que reflexione sobre os apoios que presta ó goberno local de Democracia Ourensana.

Méndez tamén dixo que non darán un paso de cara a unha hipotética moción de censura por que o BNG négase a sentarse a dialogar e repasou na entrevista asuntos de actualidade como a seguridade cidadá, a suba de taxas ou o proxecto de enlace na N-525 con Mariñamansa sobre o que dixo que "será beneficioso para toda a cidadanía".