MÁS DE UNO OURENSE

INFORMATIVO MEDIODÍA OURENSE 18-03-2025

Cada día ás 13.40 refrescamos as principais novas de Ourense. Nesta ocasión contamos no estudo co voceiro do BNG no Concello de Ourense, Luís Seara

Paco Sarria | Jesús Álvarez

Ourense |

O voceiro nacionalista no concello da capital, Luis Seara, dixo en Onda Cero Ourense que "a lapa da moción de censura nunca estivo encendida porque o PP nunca estivo pola labor", polo que lle sorprende que sexa agora a voceira popular, Ana Méndez a que resucite unha posibilidade na que o Bloque non cree. Explicou Seara que se trata dunha "manobra de distracción" para que non reparemos en que "unha maioría do grupo municipal quere pactar o goberno local con Democracia Ourensana".