A plataforma procapd de Ourense solicitou un apoio masivo á concentración convocada a partir das oito da tarde do xoves 9 de Xaneiro diante da Delegación da Xunta para seguir reclamando que o novo centro de atención de persoas adultas con discapacidade de Barrocás sexa de "xestión pública e directa" coma outros tres centros galegos nos que según o voceiro do colectivo Rosendo Fernández "as experiencias son boas a diferencia do que acontece con centros privatizados coma a residencia de maiores do Carballiño".
Dende a plataforma cuestionan que un centro moderno e avanzado, construido con diñeiro público teña agora tamén unh xestión privada con 13,5 millóns de euros en tres anos, que non se entende que poda asumir a admnistración pública para dar un servizo de calidade". Dende a plataforma consideran que a Consellería de política social debería dar explicacións ao respecto. Precisamente o delegado da Xunta Manuel Pardo defende a labor das entidadades sociais cas que traballan e garante unha "atención con criterios de igualdade e calidade" nas 110 prazas públicas que ofrecerá o centro de próxima apertura e sobre o que manterán unha actitude "vixiante".
Á conentración convocada en Ourense anunciaron o seu apoio colectivos cidadáns, sindicais e partidos políticos. En concreto os socialistas contarán ca presencia do secretario galego José Ramon Gomez Besteiro e o BNG coa sua voceira nacional Ana Pontón quenes previamente reuniranse cas familias para trasladarlles o seu compromiso de pedir ante a Xunta a "reversión" da sua decisión.