Ourense foi a provincia elexida polo Psdg Psoe para celebrar a xornada “Benestar; dos dereitos á realidade” unha das catro actividades previas á ponencia marco do décimo quinto congreso nacional do partido que será coordenada polo parlamentario autonómico, Julio Torrado. Torrado sinalaba nunha comparecencia en Ourense que os socialistas galegos queren "poñer a Galicia no centro" e que a temática elexida para debatir en Ourense non é casual pois consideran que "a provincia é a capital son un claro exemplo das desigualdades e abandono nas políticas sociais e sanitarias tanto polo goberno local de Jácome coma pola Xunta a cuxo presidente Alfonso Rueda "pediu que ademáis de poñerse o xerxei do nadal se poña o da realidade".
O acto dos socialistas en Ourense do vindeiro sábado enmárcase no ciclo “Diálogos con raíz” e terá lugar ás dez e media da mañá no Hotel Barceló onde se celebrarán sendas mesas redondas, unha sobre "sanidade" moderada polo ex ministro José Miñones e outra sobre "política social" moderada pola deputada ourensá no congreso Marga Martín.
Na primeira mesa participarán o secretario de estado de sanidade, Javier Padilla, o catedrático de medicina legal e experto en medicina xenómica, Angel Carracedo, a vicepresidenta da sociedade española de medicina de familia e comunitaria Susana Aldecoa e o catedrático de medicina e ex xefe de medicina interna do hospital de Santiago de Compostela, Antonio Pose.
Na mesa de política social está previsto que interveñan a Consejera de dereitos sociais e benestar do goberno de Asturias, Marta del Arco Fernández, o presidente de Cocemfe, Anxo Queiruga, a deputada autonómica e voceira de política social do psdg Psoe, Silvia Longueira e a alcaldesa de Maceda, Uxía Oviedo estando prevista a clausura a cargo do secretario dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro.
O coordenador da ponencia autonómica do psdg Psoe, Julio Torrado destacaba o alto nivel dos ponentes e a sua pluralidade e insistía e ironizaba "convidando a participar no acto aos responsables das políticas sociais e sanitarias da Xunta".