Más de uno ourense

Abrir ó público os estudios dos artistas ourensáns

Nunha cidade que se permite o luxo de ter un museu municipal pechado, xurde a iniciativa de abri-las portas dos estudios de artistas que desenvolven seu traballo entre nós.

Paco Sarria | Óscar Gómez

Ourense |

A iniciativa leva por título "Estudios Abertos" e terá lugar a derradeira fin de semana deste mes de outubro. Para falar delo convidamos a Más de Uno Ourense a unha das súas organizadoras; Diana Casanova.