Más de uno ourense

Álvaro Vila "sorprendido" pola rumoroloxía sobre a moción de censura

O voceiro socialista na Deputación de Ourense, Álvaro Vila, manifestouse hoxe sorprendido polo efecto da "rumoroloxía" sobre unha hipotética moción de censura na institución provincial e que levou ó PP a facilitar unhas modificacións de creto por valor de máis de 20 millóns de euros que Democracia Ourensana levou a aprobación no concello.

Paco Sarria | Óscar Gómez

Ourense |

Vila non adiantou a posición do seu partido sobre os orzamentos provinciais que serán debatidos mañá a expensas de que as suas propostas sexan atendidas, e tampouco quixo aventurar que votará Democracia Ourensana "que habitualmente non se pronuncia nas comisións". En todo caso si quixo deixar constancia de que, a diferencia do ano pasado, os populares non facilitaron o diálogo co partido socialista para chegar a acordos sobre as contas para o 2025.

O deputado socialista tamén se pronunciou en Más de Uno sobre a sua postura para a absorción do Inorde ou para o desenvolvemento do Plan Emergou.