Gómez contou que seguen reivindicando un calendario de rebaixas e que ve positiva calquera iniciativa que reforce ó comercio como a recente reivindicada esta semana polo grupo municipal do PP. A presidenta da Federación de Comercio considera un éxito o efecto dos bonos da Xunta de Galicia e anunciou que este ano haberá previsiblemente dous máis con maior orzamento.