Pardo repasou en Onda Cero algunhas das actividades desenvolvidas pola administración autonómica na provincia con especial mención a Ribadavia onde, ademáis de felicitala polo premio "O pobo que máis brilla" da firma Ferrero Rocher, a Xunta desenvolveu con éxito esta pasada fin de semana o proxecto piloto "Artesanía Saber e Sabor" que terá continuidade no 2025.
Asemade Pardo explicou os pormenores de concursos como o ParqueVibras, o próximo desenvolvemento de Sportur no recinto feiral de Expourense ou as axudas para a elaboración e comercialización de productos vitiviñícolas da Consellería de Medio Rural.