Más de uno ourense

Iniciativa dun Banco de Vivenda Pública de Aluguer

As Xuventudes Socialistas de Ourense presentaron a iniciativa dun Banco de Vivenda Pública de Aluguer por entender que a vivenda precisamente está a ser un dos principais problemas da cidadanía e en particular da xente moza.

Paco Sarria | Óscar Gómez

Ourense |

En Más de Uno Ourense explicaron que existen unhas 5 mil vivendas desocupadas que poden estar no mercado a un prezo digno que, en calquera caso, non podería superar o 30% dos ingresos. Delo falaron en Onda Cero o novo secretario das XXSS de Ourense, Miguel Gómez e o secretario das XXSS de Galicia e tamén ourensán, Xurxo Doval.