Intentarán reconstruir o antes posible o templo budista de San Amaro
O mosteiro budista Chu Sup Tsang de San Amaro foi prácticamente destruído por un incendio o pasado 27 de febreiro. Dende entón, a comunidade budista adicouse a recuperar o mobiliario, documentos e obxectos que non se viron afectados, e toca agora están a piques de comezar o proceso de reconstrucción. Trátase dun espacio de máis de 600 metros cadrados que precisará probablemente de máis de 700 mil euros segundo as primeiras estimacións, polo que piden doazóns ó través da conta aberta no Banco Santander.
Poden obter máis información na web do mosteiro e na sua conta na rede social Facebook, segundo contou en Más de Uno Ourense Berta Pérez Varela ( Tenzing Ngeyung).