Más de uno ourense

José Carlos Valcárcel: 'O transporte metropolitán está en mans da Xunta e nin está nin se la espera'

O Concello de Barbadás é un dos concellos ourensáns máis interesados no transporte metropolitán. Así o salientou en Onda Cero o Alcalde deste municipio, José Carlos Valcárcel en Más de Uno, sinalando que todo está en mans da Xunta, pero que neste, como noutros asuntos, "nin está nin se la espera".

Paco Sarria | Óscar Gómez

Ourense |

O rexidor de Barbadás engadíu como exemplo a demanda dun novo instituto, comprometido pola administración autonómica hai 15 anos, pero sobre o que non hai avances. Valcárcel repasou tamén algúns dos proxectos do seu actual mandato como a ampliación do polideportivo ou a reforma da Escola Municipal de Música de Sobrado.

Asemade valorou a importancia do acordo dos socialistas na Deputación co PP para aprobar o Plan CooperOU.