Para os nacionalistas solo cabe unha fronte común para desaloxar a Pérez Jácome da Alcaldía e eso non ocorrirá na sua opinión por que "teñen máis medo a perder a Deputación". O edil nacionalista tamén valorou a débeda oculta municipal e o anuncio do Alcalde de suprimir a ORA a partir do ano próximo indicando que para recibir o seu respaldo deberá plantexar alternativas.
Outro dos asuntos abordados, ademáis do proceso de adxudicación do servicio municipal de transportes foi o PXOM sobre o que sinalou que aprecian variacións sustanciais e reclaman unha nova exposición pública.