Seara sinalou que non están sorprendidos por que "o PP e Jácome son distintas caras da mesma moeda e por que xa había precedentes", engadindo que que os populares "utilizan o Concello como moeda de cambio para manterse na Deputación Provincial.
O edil nacionalista explcou tamén que non había moción de censura na Deputación e que por parte do Bloque o que houbo foi unha conversa informal entre edís que tivo como arranque unha excusa polo que entende que "Jácome enredou e utilizou ós seus trolls en redes sociais para facer ver que a moción era posible". O voceiro da formación quixo lembrar unha vez máis que " no que dependa do Bloque. non Jácome nin PP, e chegado o caso non aceptaremos que Jácome sexa moeda de cambio".
O concelleiro do Bloque abordou tamén outros asuntos como a situación laboral de funcionarios e policías locais, a resolución do TSXG que confirma a sentencia por acoso laboral á xefa da Policía Local, María Barrera ou o futuro do proceso de adxudicación do servizo municipal de transportes.