Seara repasou asuntos como a posibilidade de licencia á discoteca "Macao", as obras de mobilidade vertical en Pérez Serantes, a irregular concesión de "La Pajarera" ou o anteproxecto de peonalización de Concepción Arenal.
Sobre o cartaz do entroido dixo que "é un insulto para os creadores ourensáns, ademáis dun despilfarro". E preguntado pola mellor solución para o problema xudicial da Praza de San Antón dixo que agarda a mellor solución sen custe para os ourensáns e que por elo agarda a que o Concello pida a inexecución de sentencia para que non haxa que indemnizar a ninguén.