Más de uno ourense

Manuel Pardo: "O concello de Ourense ainda non solicitou permiso para a instalación de xaulas para os xabaríns"

O delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Manuel Pardo, lembrou en Más de Uno Ourense que o concello da capital "non solicitou ainda permiso para a instalación de xaulas para os xabaríns" como si fixeron outros concellos galegos onde o sistema está a funcionar con éxito.

Óscar Gómez | Paco Sarria

Ourense |

Pardo engadíu que as xaulas e personal están ó dispor do Concello pero que falta ese paso administrativo que a administración local ainda non deu.

O delegado da Xunta en Ourense tamén dixo que a declaración da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade pola Unesco "vai por bo camiño" tra-la visita desta semana do embaixador delegado permanente de España, Miquel Iceta, diante do organismo internacional.

Manuel Pardo (delegado da Xunta): O concello de Ourense ainda non solicitou permiso para a instalación de xaulas para os xabaríns
Manuel Pardo (delegado da Xunta): O concello de Ourense ainda non solicitou permiso para a instalación de xaulas para os xabaríns | Onda Cero Ourense

Asemade, en Más de Uno, Pardo falou tamén da convocatoria de cursos AFD, da intervención arqueolóxica que está a realizarse no Castro de Cameixa, en Boborás, da inauguración nunha palleira da Biblioteca Municipal de Esgos, e da homenaxe ó Médico Rural en Laza.