Menor nin confirma nin descarta unha moción de censura en Ourense
O presidente da xestora provincial do PP en Ourense, Luis Menor, declarou en Onda Cero que nin confirma nin desminte que nos próximos 3 anos poda producirse unha moción de censura en Ourense. O que si ten máis claro é que os populares votarán a favor das propostas que sexan beneficiosas para a cidade.