Más de uno ourense

Natalia González: " O PP de Ourense é a marca branca de Democracia Ourensana"

A voceira socialista no concello de Ourense, Natalia González, declarou en Más de Uno que "o PP é a marca branca de Democracia Ourensana", preguntada sobre a posibilidade de que os populares podan chegar a pactar un goberno de coalición co partido do Alcalde.

Paco Sarria | Óscar Gómez

Ourense |

González Benéitez dixo que non é partidaria de pronunciarse sobre rumores pero que o PP perdeu no seu día a oportunidade de pactar un goberno alternativo, polo que agora "son carne de cañón" para DO.

A edil socialista repasou en Onda Cero asuntos de actualidade como o Entroido do que sinalou que está falto de identidade ou sobre a recente entrevista do Alcalde co embaixador chinés, do que dixo que "podía ter sido incluída como parte da programación do Entroido -con todos os respetos para o embaixador-". Para González resulta "frívolo" que o Alcalde abordara co representante do goberno de China asuntos como a cultura na cidade ou o termalismo, habida conta da situación de ambos eidos.