A voceira socialista no Concello de Ourense confirmou tamén ser coñecedora do rumor que apunta a unha posible moción de censura na Deputación Provincial que deixaría hipotéticamente en mans socialistas a institución provincial, sinalando con ironía que sería "un 2x1" pero que en todo caso é un "ruxe ruxe que acabará en algo ou non", pero que no seu caso o que lle compete é seguir facendo política local na institución na que representa ós cidadáns de Ourense.
A edil socialista tamén abordou outros asuntos como a folga de funcionarios felicitando a "altísima implicación", pero engadindo que non agarda ningún tipo de cambio por parte da xestión de personal que realiza Pérez Jácome.
Tamén sinalou que o Concello de Ourense non supo estar á altura da solidariedade que require a traxedia en Levante como consecuencia da dana e sobre o PXOM remitido á Xunta de Galicia que a oposición descoñece que documento foi remitido á administración autonómica.