González explicou que a moción de censura está no punto no que a deixaron meses atrás e que os responsables de que non haxa avances "están claros".
A edil socialista repasou a actualidade municipal e política declarando sobre os contactos para unha hipotética moción de censura na Deputación que "non están para ruxe ruxes ou faladurías" e que a colaboración co grupo provincial dende o grupo municipal é máxima.
A concesión do servizo municipal de transportes, as xuntas de área e falla de información ou o atestado da policía local sobre o sinistro no que se víu implicado o edil Francisco Lorenzo foron algúns dos asuntos abordados tamén na entrevista.