Noelia Pérez respostaba así ás declaracións da socialista Natalia González que aventurou nesta mesma emisora esa posibilidade, lembrando á socialista que o grupo popular non está roto e que miren non seu propio partido onde "hai un edil que non pisa os plenos".
A concelleira popular repasou tamén outros asuntos da actualidade municipal como as queixas no servicio municipal de transportes, a inutilidade das xuntas informativas ou o retraso na apertura da pisciña termal de As Bugas.