Cada semana achegámonos a La Librería CyC para recibir as suxerencias literarias da semana.
Libros de todas as temáticas e non sólo libros, calquera actividade cultural ten sitio neste espacio de La Librería.
Dónde está "La Librería"
- En Ourense, rúa Florentino Cuevillas, esquina Saenz Díez
- En Verín, avenida Portugal 4
As recomendación literarias do 24 de maio de 2023
La Librería CyC ofrécenos esta semana 4 recomendacións diferentes e de temáticas variadas:
- Hábitos Atómicos: é un libro de crecemento personal escrito con moita claridade. O autor móstranos como facer cambios na nosa vida con pequenos detalles.
- El retrato de casada: novela histórica basada en feitos reais aínda que na realidad é unha historia de unha rapaza que ten que casar moi nova en contra da súa vontade con un home do que sospeita que a quere asesinar.
- Magic Animals: nova serie pensada para nenos en torno ós 7 anos con novas personaxes e aventuras.
- El Buen Padre: novela que volve a estar de actualidade porque acaba de saír a segunda parte. O xénero é novela negra policíaca para os amantes do suspense.
As recomendacións literarias do 31 de maio de 2023
Achegámonos a La Librería CyC que nos fai varias recomendacións de temáticas diferentes:
- Las dos vidas de Mina Indigo: obra de unha autora moi recomendable e fala de Barcelona en 1988 no que aparecen diferentes personaxes da vida de Barcelona. A historia (moi adictiva) desenvólvese no Rábal
- 30 sunsets para enamorarte: Mercedes Ron trata sólo unicamente unha historia de amor entre unha rapaza que vive nunha isla e un piloto que vai a pasar na isla so 30 días, os xustos para enamorarse.
- Amanda Black, una herencia peligrosa: é unha nena que ten unhas habilidades particulares (unha especie de Lara Croft) que forma parte de unha saga espectacular.
- Historias fascinantes da ciencia en Galicia: publicación recomendable para todos os públicos con ilustracións espectaculares e neste libro descríbense lugares e experiencias de Galicia e os seus personaxes.
As recomendacións literarias do 7 de xuño de 2023
Israel Barandela de La Librería CyC achéganos as recomendacións literarias para esta semana:
- Luis Seoane: é un pequeno repaso pola la vida deste xenial artista (Luis Seoane) pensado para os máis pequenos e escrito en verso.
- Non estamos quebrades: é a historia de unha rapaza que comenza a descubrir a súa sexualidade (que non ten nada clara) e que pode axudar ós mais novos a descubrir o seu lugar no mundo.
- El sutil arte de que casi todo te importa una mierda: pódese considerar o anti "Mister Wonderful" onde o autor busca explorar as vías nas que non todo se basa na felicidade afrontando os problemas non tanto no que nos pode faltar senón aproveitando os defectos propios. É o éxito a través do interior.
- La trenza: son 3 historias entrelazadas de tres mulleres diferentes con situacións sociais e económicas completamente distintas e que remata con un final explosivo.
As recomendacións literarias do 14 de xuño de 2023
Israel Barandela de La Librería CyC deixounos estas recomendacións literarias para esta semana:
- Aquí comienza "La Rosa de los Vientos": Bruno Cardeñosa fai unha recopilación dos inicios deste programa de culto que se emite en Onda Cero especialmente centrado na época da pandemia.
- Noche. Sueño. Muerte. Las Estrellas: é unha historia que se desenvolve a través do falecemento fortuito do pai de familia e que coa sua desaparición saén a luz unha serie de problemas que estaban ocultos.
- Ollos de Auga: novela policíaca de Domingo Villar situada na illa de Toralla.
- Jeff Lagartija y sus audífonos rojos: conto escrito en verso no que se busca a empatía con "xente diferente" orientada a nenos de entre 2 a 7 anos.
As novidades literarias do 21 de xuño de 2023
Convidamos a Israel Barandela de La Librería para que nos fixera as suxerencias literarias da semana:
- Nuestro Cuerpo: Ensaio no que o antropólogo Juan Luis Arsuaga fai unha analise das partes do noso corpo máis ocultas e cómo a evolución chega a elas.
- Blue Jeans. La última melodía de Chopin: Novela a cabalo entre xuvenil e novela negra editada por Planeta. Novela de detectives orientada ó público máis xoven.
- La Baronesa: Biografía de Carmen Cervera escrita por Nieves Herrero. Esta obra comenzou da man entre a Baronesa e a xornalista aínda que a relación entre ambas se torceu pero Nieves Herrero decidiu publicala de todos xeitos.
- Los futbolísimos. El misterio de la casa encantada: É o número 23 da saga de "Los futbolísimos" de Roberto Santiago, ideal para iniciar os nenos na lectura coa excusa do fútbol convertese nun libro de aventuras. É unha mezcla entre primeira novela e comic.
As novidades literarias de La Librería 28 de xuño de 2023
- Las aventuras de Tom Sawyer: Un clásico que non pasa de moda con máis de 150 anos pero con unha nova volta a través dun ilustrador moi novo, Antonio Lorente. É un album ilustrado de gran formato e tapas duras.
- Todos quieren a Daisy Jones: E a historia dunha estrela do Rock and Roll dos anos 70 que deixa o seu grupo de toda a vida e a historia que xurde a raíz desta circunstancia con cousas boas e outras non tan boas.
- Siempre es verano contigo: A escritora ourensá Andrea Herrera proponnos unha lectura fresca, xuvenil. E a historia de unha rapaza que a pesar das reticencias dos seus pais marcha co seu primo e o seu tio a traballar a un chiringuito de praia na costa mediterránea.
- Juego de Tronos: Reedición de Juego de Tronos con unha nova editorial, Plaza & Janés, que moi pronto traerá a España o sexto libro desta saga.
As novidades literarias de La Librería 5 de xullo de 2023
- Made in Galiza: obra de Sechu Sende que se trata de un libro de relatos breves unidos pola temática da lingua galega (traducido a varias linguas) con múltiples personaxes que viven situacións nas que todos nos podemos recoñecer.
- Delito: novela de intriga policíaca que comenza con un suicidio colectivo nun hotel. E un libro moi rápido e trepidante escrito por Carme Chaparro
- Naruto: comic xaponés que se lee "de atrás para adiante", é a historia dun neno orfo que entroca coa mitoloxía xaponesa.
- Cómo matar a tu familia: primeiro libro de Bella Mackie. E unha rapaza que quere herdar a fortuna da súa familia política e o seu método é asasinar a súa familia política. Pretende visibilizar as inxustizas sociais na sociedade.
As novidades literarias de La Librería 12 de xullo de 2023
- Los secretos de Jaipur: é un libro que recupera a tradición de libros para viaxar sen moverse da casa, neste caso Jaipur no interior da India. A trama básase nun accidente no que o final non todo é o que parece.
- Tom Hanks, otra gran obra maestra del cine: novela que mezcla dous estilos, o comic e a novela. Lectura divertida e recomendable para o verán
- Stranger Kids, 24 horas sin padres: é o primeiro número de unha serie. Investigación, aventura con xiro argumentais sorprendentes.
- La cocina pop de El Comidista: libro de recetas de Mikel López Iturriaga pero non ó estilo clásico. Mistura gastronomía, cine e literatura.