Más de uno ourense

A popular Sonia Ogando ve viable a aprobación do PXOM

A voceira do PP no Concello de Ourense, Sonia Ogando, dixo en Más de Uno que ve viable a aprobación do PXOM sempre que haxa garantías xurídicas e unha segunda exposición pública.

Paco Sarria | Óscar Gómez

Ourense |

Nun primeiro exame do documento de planeamento urbanístico dixo que ve como elementos de controversia a inclusión dun edificio sen limitación de alturas na Finca Mariñamansa e en cambio que haxa unha reducción notable da edificabilidade para o proxecto das coñecidas como "Torres de Copasa".

A edil popular repasou disversos aspectos da actualidade municipal e pedíu ás familias que loitaron polo PROCAPD e que hoxe van a concentrarse diante da delegación territorial da Xunta en demanda dunha xestión pública do centro que "no se dejen intoxicar".

Sobre a ausencia de orzamentos municipais dixo que non hai avances por parte do grupo municipal de goberno ó que acusou repetidas veces de actuar con improvisación e con falla de planificación.

Tamén criticou a programación de Nadal da que dixo que adoeceu de falla de actividades culturais.