Más de uno ourense

O principal problema no concello de Toén é a despoboación

A despoboación é o principal problema no concello de Toén ó entender do edil socialista Luis Mato Moreiras, quen hoxe pasou polos micrófonos de Más de Uno Ourense.

Mato aportou ideas para frenar e mellorar esa tendencia como unha maior dotación de solo industrial, a revisión do plan de urbanismo, a dotación de vivenda social, o desenvolvemento dunha política medioambiental, que a fibra chegue a tódolos núcleos de poboación, mellora en algunhas estradas e construcción de instalacións deportivas.

Mato tamén falou en Onda Cero das mocións que presentan dende a oposición e das potencialidades e atractivos que ten Toén pola sua proximidade á capital da provincia.

Paco Sarria

Ourense | 15.05.2024 13:26