Un fito relevante xa que é a segunda empresa ourensá en cotizar tras a firma de moda Adolfo Domínguez. Redegal debutou con unha valoración de 15 millóns de euros e un prezo de 7 euros por acción. Con este motivo entrevistamos en Más de Uno ó CEO da tecnolóxica poucos minutos despois de que tocara a campá como tradicional punto de partida para a entrada no Scaleup do BME.