Más de uno ourense

O santuario da Ermitas conmemora os 400 anos de historia

Neste 2024 no que andamos conmemóranse os 400 anos do comezo da construcción do Santuario de Nosa Señor das Ermitas.

Paco Sarria

Ourense |

Foi no ano 1624 cando o bipo de Astorga, Alonso Mejía de Tovar daba a orde de comezar a construir unha primeira parte do que hoxe é o santuario, xunto a outras obras que están ó seu carón. Unha obras que comezaron no fondo dun barranco, na ladeira dun monte e con moitas pedras ou bolos do río Bibei no fondo.

Unha obras levadas a cabo con grande dificultade e en permanente loita contra a montaña. Estamos a falar dun espazo natural especial e dunha estructura arquitectónica incrustada pedra a pedra na paisaxe.

Tanto dos actos programados como das peculiaridades do concello de O Bolo falamos hoxe co Alcalde, Alberto Vázquez.