Mocion de censura

Os socialistas optimistas sobre un acordo con PP e BNG para unha moción de censura

A socialista Natalia González dixo sentirse optimista nos micrófonos de Más de Uno.

Paco Sarria

Ourense | 13.06.2024 14:15

Rematada despois de duas horas a reunión entre representantes de PSOE, PP e BNG de cara a un acordo para que prospere unha moción de censura no Concello de Ourense, a socialista Natalia González dixo sentirse optimista nos micrófonos de Más de Uno, onde explicou que hai moitos puntos de acordo entre as tres forzas, anque si advirte diferencias á hora de sinalar unha hipotética candidatura para relevar a Gonzalo Pérez Jácome.

A este respecto os nacionalistas expresaron que soamente aceptarían un candidato ou candidata socialista e os populares din que non aceptan liñas vermellas nin que os nacionalistas lles poñan vetos.

En calquera caso os tres partidos comprometéronse a reunirse novamente a semana próxima e, en palabras de González, a avanzar despois dunha reunión da que resaltou a sinceridade e tra-la que expresou o desexo de superar as diferencias.