O grupo provincial socialista na Deputación de Ourense leva ó próximo pleno unha moción demandando a criación dun Servizo de para a Atención ás Adiccións. Unha segunda moción versa sobre a petición de rehabilitación de vivendas no rural para darlles uso e fixar poboación.
Falamos delo en Más de Uno co voceiro socialista na corporación, Álvaro Vila, con quen abordamos tamén outros asuntos de actualidade como a toma de posesión do novo subdelegado do Goberno, ou as posibilidades dunha moción de censura no Concellos de Ourense e Carballiño.