Más de uno ourense

Sonia Ogando (PP): "Negociar unha moción de censura sen consensuar programa non ten pés nin cabeza"

A voceira municipal do PP, Sonia Ogando pasou polos micrófonos de Onda Cero Ourense.

Paco Sarria

Ourense |

Sonia Ogando dixo en Más de Uno que plantexar unha moción de censura contra Pérez Jácome sen pactar antes uns acordos de actuación conxunta entre PP, PSOE e BNG, como pretenden os nacionalistas "non ten pés nin cabeza".

Ogando motivou a posición dos populares ó redor das posibilidades de avance na moción manifestando a dispoñibilidade do seu partido a seguir negociando si son requeridos para elo.

Xustificou ademáis por que o presidente da Xunta, Alfonso Rueda non se entrevistou hoxe co Alcalde e si co presidente da Deputación Luis Menor e voltou a criticar o programa das festas de verán ademáis de abordar outros asuntos da actualidade municipal.