Comezamos repaso ás recomendacións de hoxe con “Todo lo que nunca dijimos” de Sloan Harlow. Un thriller romance perfecto, segundo a crítica. Un libro que aborda o lado escuro do amor. Unha historia que ten como fío argumental un accidente que matou á mellor amiga da protagonista e esta non pode deixar de culpabilizarse.
Seguimos con “El fuego purificador” de Donna Leon. A historia do comisario Brunetti enfrontándose ó fenómeno da violencia xuvenil en pleno corazón de Venecia. Non hai absolución sen sacrificio.
A terceira proposta leva por título “La Temeraria” de Isabel San Sebastián. Un relato épico da Reconquista centrado na figura da temeraria e famosa raíña Dona Urraca. Primeira soberana de pleno dereito en Europa. Corría o século XII no reino de León.
E por último “El año de la Langosta”. Un novo thriller de Terry Hayes do que van vendidos máis de 5 millóns de exemplares. Novela de aventuras sobre un espía da Cía nunha zona de acceso restrinxido onde os límites non siñifican nada.