Más de uno ourense

As suxerencias literarias de La Librería CyC do 06 de Novembro

As recomendacións semanais de La Librería CyC chegaron da man de Israel Barandela.

Paco Sarria | Óscar Gómez

Ourense |

Comezamos o repaso semanal polas recomendacións literarias con “La vegetariana” de Han Kang. Novela surcoreana publicada por primeira vez no 2007 e que está ambientada no Seúl contemporáneo. Conta a historia de Yeong-hye, unha ama de casa que tras ter un soño decide facerse vexetariana.

Continuamos con “Corazón Roto” de Colleen Hoover. Unha novela sobre o poder do amor e a verdade. Unha novela que amosa que non tódolos erros deben ter consecuencias, e as veces, o único que precisan é o perdón.

A terceira proposta é “Victoria” de Paloma Sánchez-Garnica. Premio Planeta 2024. Recén rematada a II Guerra Mundial, nun Berlín arrasado e sen futuro aparente, Victoria sobrevive cantando cada noite no Club Kassandra. Ten unha mente capaz de crear un poderoso sistema de cifrado de mensaxes e ten duas fillas que dependen de ela. O caso é que unha chantaxe sen escrúpulos dos rusos obligará a Victoria a viaxar ós EEUU onde coñecerá o amor incondicional do capitán Norton, pero tamén que o que parecía a sociedade máis democrática do mundo, agocha unha rancia capa de racismo da man do Ku Klux Klan e o senador McCarty.

E por último; para os máis peques; “Tembleques; colmillos en el gimnasio” de Gracia Iglesias. Eles temblarán de medo e os lectores de risa…