As suxerencias literarias de La Librería CyC do 08 de Maio
Abrimos repaso ás recomendacións semanas de La Librería con “La Asistenta” de Freida McFadden.
Detrás da porta ela vixía e observa. Un thriller que segundo os lectores non defrauda. Unha historia contada a dúas voces.
A segunda proposta é “Lluvia” (Blackwater) de Michael McDowell. Sexto e derradeiro volumen dunha saga matriarcal. Mulleres poderosas que loitan polo dominio durante xeracións. Un retrato realista con toques sobrenaturais.
En terceiro lugar unha proposta para os máis peques. Leva por título “Malvarina -quero ser bruxa” de Susana Isern e Laura Proietti. Unha historia que sucedeu nun val embruxado, gobernado por 3 meigas malvadas e famosas.
E por último outra proposta infantil titulada “Detective Conan” de Cosho Aoyama. Editado por Planeta Agostini. Parte dunha serie de manga atemporal e ocasionalmente anacrónica, centrada dun personaxe atrapado no corpo dun neno de 6 anos pero con mente de adulto.