Más de uno ourense

As suxerencias literarias de La Librería CyC do 11 de Decembro

As recomendacións semanais de La Librería CyC chegaron da man de Israel Barandela.

Paco Sarria | Óscar Gómez

Ourense |

Comezamos o repaso polas recomendación literarias de La Librería para esta semana con “El lobo que perdió la lengua”. A historia dun lobo que un bo día esperta e decátase de que non pode falar. Literatura para un público infantil.

Seguimos coa última novela de Nieves Herrero titulada “Luna Roja”. Un thriller con máis de cen mil lectores que conta a historia dun meticuloso e paciente asasino e dunha investigadora que traballa a contrareloxo cando o cadáver dun cazador aparece espido e con signos de ensañamento nun bosque valencián.

A terceira proposta semanal é “Usted se encuentra aquí”, de Fabián C Barrio. Vai de como as filosofías clásicas poden axudarnos a ser un mellor primate nun mundo difícil de comprender.

E por último “Ni lo sueñes Goa” de Miriam Tirado.

A Goa os días fánselle eternos agardando voltar a atoparse con Klaus e semella que ata a Semana Santa, nada de nada.