Comezamos este repaso semanal polas novidades e recomendacións literarias co último traballo do ourensán Juan Tallón, titulado “El mejor del mundo”, publicado por Anagrama. Está a nosa vida marcada polo noso apelido? Esta é unha novela de realidades paralelas na que Antonio é un empresario galego con unha ambición desmedida. E cando por fin asume a dirección da fábrica de ataúdes fundada polo seu pai; ata entón reacio a pasa-lo testemuño; da un cambio radical ó negocio.
Continuamos con “Perdidas en la ciudad” de Lola Gil. A protagonista é Olivia, que ten 30 anos e está perdida. Remata de divorciarse, deixou o seu traballo e decidíu trasladarse a Madrid; cidade na que está a sua amiga Camila que é sexóloga e na que tamén está Cris.
A terceira proposta está asinada por Carmen Mola e leva por título “El Clan”. Un brutal desenlace para a serie da inspectora da Brigada de Análise de Casos, Elena Blanco, quen vai a enfrontarse ó seu pior enemigo.
E por último “Cerebro, infancia y juego” de María Couso, creadora de “Play Fun Learning”, quen vai a contarnos como se desenvolve o noso cerebro dende a infancia.