Comezamos o repaso literario dos mércores con “Powerless” de Lauren Roberts. Con unha portada que poderíamos calificar como gótica, temos a dous protagonistas. Ela é o que él pasou toda a sua vida cazando. E él todo o que ela pasou toda a vida finxindo ser…
Seguimos por “El asesino de la montaña”, de Anders de la Motte, editada por Planeta. Novela negra que arrasa en Europa. A historia que ten a dous pésimos policías como protagonistas. Pertencen á unidade de casos perdidos, pero soamente eles poden resolver o caso criminal máis difícil da historia de Suecia.
A terceira proposta é “Perro-Bot”. Unha incrible historia de David Williams para os máis peques. Humor e aventuras da man do mellor amigo do home que é o can. Anque este é un can especial. Falamos tamén dun superventas.
E para rematar un interrogante: “El final de las estaciones?”. Asinado por Juan Bordera, Antonio Turiel e Fernando Valladares, o libro non fai unha predicción agoreira, pero é un aviso rabioso e dolorido por que se tinxe da dor e rabia de quenes aman a vida.